martes, 3 de diciembre de 2013

IV Ruta Turístico-Solidaria de Ferrolterra

O vindeiro venres 6 de decembro celebrarase a IV Ruta Turístico-Solidaria de Ferrolterra, organizada por A.C.R.D.S Scratch Galicia.




Todos os participantes deberán aportar 5 kg de alimentos non perecedeiros que serán entregados directamente a Cociña Económica de Ferrol.

O numero para inscribirse é: 676 726 260 e as inscripcións rematarán o día anterior as 18:00 horas.

A saída da ruta terá lugar dende a Escola Curros Enríquez en Maniños (Sede da Escudería Scratch Fene). Para a realización da proba será necesario unha cámara dixital ou móbil co que realizar as fotografías nos distintos lugares. 

Os dereitos de participación, fíxanse en 15€ para os socios e colaboradores de Scratch Galicia ou Scratch Fene e 18€ para os non socios.

Esperámos que vos animedes a participar con nos nesta fantástica Ruta Turístico-Solidaria


No hay comentarios:

Publicar un comentario