O vindeiro venres 6 de decembro celebrarase a IV
Ruta Turístico-Solidaria de Ferrolterra, organizada por A.C.R.D.S Scratch
Galicia.
Todos
os participantes deberán aportar 5 kg de alimentos non perecedeiros que serán
entregados directamente a Cociña Económica de Ferrol.
O numero para inscribirse é: 676 726 260 e as inscripcións rematarán o día anterior as 18:00 horas.
A saída
da ruta terá lugar dende a Escola Curros Enríquez en Maniños (Sede da Escudería
Scratch Fene). Para a realización da proba será necesario unha cámara dixital
ou móbil co que realizar as fotografías nos distintos lugares.
Os dereitos de participación, fíxanse en 15€ para os socios e
colaboradores de Scratch Galicia ou Scratch Fene e 18€ para os non socios.
Esperámos que vos animedes a participar con nos nesta fantástica Ruta
Turístico-Solidaria
No hay comentarios:
Publicar un comentario